Burela celebra a Festa do Verán, con deslizadores acuáticos, do 27 ao 30 de agosto na Praza do Concello

Burela celebrará do martes 27 de agosto ao venres 30 a súa Festa do Verán. Será na Praza do Concello, con entrada de balde, e nela haberá deslizadores acuáticos e moito máis.

O horario do martes será de 16:30 a 20:00 e nos días restantes de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.