O Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.
“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.
Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.