Black Friday do CCH de Viveiro os días 29 e 30 de novembro. Na cita participan 37 negocios

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sía cidade. Pon en marcha este venres 29 e o sábado 30 de novembro a campaña “Black Friday, os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Desde o CCH explican que “serán 37 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e ata promocións doces como descontos nas larpeiras. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local”. 

E subliñan que “é unha boa oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías...isto é Comercio Local”. 

Desde o CCH e Viveiro indican: “trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 37 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 50% nalgúns casos”. 

E engaden: “os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días”. 

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais Abertos de Galicia.