A Concellería de Cultura anuncia o aprazamento da actuación de Circo Chosco prevista para mañá, venres, debido ás malas condicións meteorolóxicas.
Circo Chosco presentará o seu espectáculo Riscando o ceo o mércores da vindeira semana, día 2 de setembro. A representación terá lugar na Praza do Concello ás 20:30 horas con entrada de balde.
Riscando o ceo é unha montaxe, dirixida ao público familiar, na que o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabares e acrobacias, nun ton que reflexiona sobre o esencial das cousas. Inspirada na novela El Principito de Antoine de Saint-Exupéry, é un show de circo moi visual que emociona a todos a través dun clown que nos fai ver as cousas do revés, porque o esencial é invisible aos ollos.