Túa nai é unha xoia así se denomina esta campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados deberán cubrir as papeletas que atoparán neses locais e así terán a posibilidade de entrar no sorteo de 3 xoias, que terá lugar o día 9 de maio.
Os gañadores ou gañadoras recibirán un cheque por importe de 100 euros e serán @s afortunad@s mesm@s os que se dirixirán ás xoierías Azabache, Modesto G ou Gutié a elixir a súa xoia. Estos tres comercios foron os elixidos para participar nesta campaña porque son as xoierías de Acisa.
Desde Acisa o seu presidente, David Martínez, sinala que “este é un bo momento para apostar unha vez máis polo comercio máis próximo, o que temos a carón das nosas casas, para facer as compras do Día da Nai. En Ribadeo os nosos clientes atoparán todo o que precisan para celebrar esta data e ademais hai que lembrar que as nosas tendas abren os domingos pola mañá, durante todo o ano, co obxectivo de facilitar as compras a ribadenses e visitantes”. Martínez engade que “a nosa tradicional apertura os domingos é moi ben valorada pola clientela que se achega desde outros puntos da xeografía luguesa e asturiana a mercar a Ribadeo”.
O presidente de Acisa lembra que “o día da nai coincide este ano coa celebración da Herocian Race, en Ribadeo, coa que colaboramos desde Acisa. Os centos de persoas que se achegarán á nosa vila para participar e para disputar esa proba poden aproveitar para facer as súas compras no comercio ribadense”.