O vindeiro luns, 8 de xullo, dá comezo en Viveiro o programa de visitas guiadas para este mes. A saída será ás 16:30 horas desde a Oficina de Turismo.
O programa comeza coa visita ao casco histórico que terá lugar os días 8, 11, 15, 21, 23, 28 e 31 de xullo. Ademais haberá visitas ao Souto da Retorta, co Vivertren, os días 10 e 29 de xullo. O Vivertren percorrerá tamén o Cargadoiro da Insua o día 16 e Covas e Celeiro o día 24.
As visitas completaranse cun percorrido polo paseo fluvial do río Landro os días 12 e 22, polo monte San Roque os días 20 e 30 e polo complexo Regal Xunqueira o día 26 de xullo.
A reserva de prazas farase na Oficina de Turismo e as inscricións para o Vivertren abriranse o mesmo día. As prazas son limitadas.