O Concello de Viveiro segue coa súa programación, durante este mes de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e este venres, día 24, terá lugar o obradoiro artístico As Cores de Fraguas.
Desenvolverase de 17:30 a 19:30 horas, na sala multiusos do Concello e está dirixido a nen@s a partir de 5 anos. A entrada é de balde e pode facerse a reserva de praza no teléfono 654 208 333. Este taller corre a cargo de Eureka Actividades.
O día 31 de maio procederase á colocación dun vinilo conmemorativo na Biblioteca Pública de Viveiro.
E o 1 de xuño presentarase Raposadas con Antón Fraguas pola contacontos Raquel Queizás. Dará comezo ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal. A entrada será de balde ata completar aforo, e os tickets entregaranse dous días antes na Biblioteca (2 por adulto).