O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira fai público o programa Outono Cultural 2018 que dará comezo o 18 de outubro na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, onde se desenvolverá a primeira das Tertulias programadas. Abrirá estas actividades o pintor Xoán Guerreiro ao que lle seguirá na seguinte sesión destas Tertulias xa no mes de novembro a música Ugía Pedreira.
Tamén o colectivo volve programar neste outono os Xoves musicais. Serán no mes de novembro no Teatro Pastor Días e neles actuarán o grupo caboverdiano BatukoTabanka e o Coro da Mariña.
Completará esta programación de outono, que conta coa axuda económica da Deputación de Lugo, a proxección de dúas películas de temática social: Hippocrate, de Thomas Liti, un achegamento á condición laboral da medicin; e Pride, de MattewWarchus, unha historia de dúas comunidades diferentes que se xuntan por unha causa común.