A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Será no Parque de San Francisco, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Alí o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2010.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2013) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2009) en diante.
Desde a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo animan a participar nesta actividade: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”. E advirten que “en caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase ás instalacións da EMMeD”.