Do 23 ao 25 de xuño en Ribadeo terá lugar a campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa).
Os 35 establecementos participantes ofrecerán descontos e promocións especiais. Desde a directiva de Acisa explican que “os clientes deste comercios poderán atopar ofertas 2 x 1, a segunda unidade á metade de prezo e descontos que oscilarán entre o 20 e o 50% ou tamén descontos do IVE”.
O presidente do colectivo, David Martínez, indicou que “levamos a cabo esta campaña co fin de potenciar as vendas pre verán e pre rebaixas. Queremos incentivar aos clientes a que compren no comercio asociado con prezos máis asequibles, antes de que se inicien as tradicionais rebaixas de verán. O obxectivo é que a xente merque esta fin de semana en Ribadeo, do 23 ao 25 de xuño, aproveitando as promocións que atoparán nas tendas asociadas e que non marchen facer estas compras de verán ás grandes superficies comerciais. En Ribadeo atoparán todo o que precisan para esta tempada, sen necesidade de desprazarse a outros lugares”.
Os 35 participantes na campaña Os prezos arden son: Opticalia Ribadeo, La Moda Hombre, Bodegas Ribeirao, Modesto G, Mercería Vizcaya, Sanjurjo, Esprit, Lencería Julia, Tu&Tu, Bora Bora, Menfer, Mercería Torviso, Ginzo, Dándara, Gutié, Farfala, Ana Villamayor, Bis a Bis, Valentina, PC Ribadeo, Menos Lobos, Güendolina, Mika, Folder, Docobo, Jatay, Coco, Saia, Hola Ola, Glass, Naná, Pippol’s, Sweet Monkey e Del Río.