O Complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle a exposición titulada Mallo en Marzo dende o 16 de marzo ata o 12 de xuño.
A mostra é unha homenaxe á pintora Maruja Mallo con obras dela e de Alicia Muñiz (Aix), Anna Ferrer, Lara Pintos, Leira, Luz Darriba, Magot, Marta Paz, Mónica Mura, Montse Llamas, Reina D´Hoore, Renata Otero, Rosalía Pazo Maside, Sara Fonseca e Susana Pazo Maside. As obras destas mulleres dialogarán con sete gravados de Maruja Mallo que tamén forman parte da exposición. Son en total máis de trinta pezas de pintura, instalación, arte electrónico, escultura, arte téxtil, debuxo, gravado e fotografía.
Trátase dunha colección de obras, moitas delas inéditas e creadas ex profeso para a ocasión, en homenaxe á pintora viveirense. A exposición está comisariada por Renata Otero e conta coa presenza desas catorce autoras provintes de diversos lugares, xeracións e disciplinas. Entre elas artistas consagradas e noveles na meirande parte de Galicia, pero tamén de Uruguay, Italia e Bruselas, unidas polo interese común de renderlle culto a Maruja Mallo, autora de sona internacional.