Este sábado, 18 de marzo, Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Viveiro co seu último espectáculo “Menú da noite”. Esta comedia poderá verse no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas.
Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).