En Ribadeo celébrase os días 21 e 22 de xaneiro o II Curso de Música Tradicional Galega. Está organizado pola asociación Ronqueta e conta coa colaboración do Concello.

En Ribadeo celébrase os días 21 e 22 de xaneiro o II Curso de Música Tradicional Galega. Está organizado pola asociación Ronqueta e conta coa colaboración do Concello.
 
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo acolle os días 21 e 22 de xaneiro o II Curso de Música Tradicional Galega, que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
 
Imparten este Curso de Música Tradicional Galega Pepe Vaamonde na especialidade de gaita, Davide Salgado en canto e pandeireta, Miguel A. López “Chino” en percusión y Javier Feijoó “Xisco” en baile. Máis de setenta alumnos e alumnas están inscritos nas catro especialidades do curso, procedentes ademais de toda a comarca da Mariña, de A Coruña, Ferrol, Asturias, Madrid, Ponferrada, Cantabria e incluso hai un alumno de Cardiff (Reino Unido).
 
O sábado 21 ás 19:15 horas, no salón de actos de EMMeD, haberá unha presentación-concerto do libro O gaiteiro de Santo Xusto. O son da Ulloa, do que é autor Bruno Villamor Gay, quen fará un percorrido pola vida e obra do afamado gaiteiro Ramiro Villamor. A entrada é libre.