
O 1 de outubro celebrarase en Burela unha máster-class benéfica.
Terá lugar no pavillón dos institutos e esta máster-class de zumba desenvolverase entre as 11:30 horas e as 13:30 horas.
Nesta iniciativa en favor da asociación Bigotes Burela, protectora de animais, colabora o Concello.
O prezo para a asistencia á clase é de 3 euros e 1 euro para o público que acuda a presenciala.