Pasada das Cabras fará o sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte entre Baamonde e Miraz.

Pasada das Cabras fará o sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte entre Baamonde e Miraz.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte desde Baamonde ata Miraz.
 
Esta etapa terá unha distancia de 15 quilómetros e a saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e máis seguro.
 
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, día 7, ás 20:00 horas.