O 25 de xuño terá lugar o quinto roteiro de Amigos de RegalXunqueira. Será entre Burela e Foz.

O 25 de xuño terá lugar o quinto roteiro de Amigos de RegalXunqueira. Será entre Burela e Foz.
 
O sábado, 25 de xuño, terá lugar o quinto roteiro de Amigos de Regalxunqueira entre Burela e Foz.
 
A saída desde a estación de autobuses de Viveiro está prevista para ás 9:00 horas . Xa en Burela comezará a camiñata ata a Areoura pasando por O Cantiño, a Granda de Canel, Ponte da Salgueiriña, Cangas, Igrexa de Nois, Porto, Escaleiriña, Praia de Arealonga, Castro de Fazouro e Fazouro. 
 
Despois os participantes cruzarán o río Ouro pola Ponte de Ferro, seguirán por Forxán ata as praias de Peizás e Llas para rematar en Foz. O percorrido é de case 16 quilómetros e non fai falla ser socio para acudir.