A Asociación Cultural Amigos de RegalXunqueira organiza para este domingo, 15 de maio, un roteiro desde Viveiro a Morás.
A saída será ás 9:00 horas do domingo dende a Oficina de Turismo de Viveiro. O percorrido discorrerá por Celeiro, Area, Faro, Xuances, praia de Esteiro, Muiñelo, Vilacha, ruínas da igrexa de San Tirso, Portocelo, Merixe, Arxente e rematará no porto de Morás. Despois dunha comida colectiva a volta ata Viveiro será en tren ás 15:30 horas ou ás 19:00 horas.
A actividade é aberta ao público en xeral e non se precisa ser socio.