A EMMeD de Ribadeo organiza do 18 ao 22 de abril varias audicións para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro.

A EMMeD de Ribadeo organiza do 18 ao 22 de abril varias audicións para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana actuacións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 18 e 22 de abril ás 20:00 horas na propia Escola,agás a do luns 18 de abril, de vento metal, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.
Luns 18 de abril – Vento metal (Cine-Teatro).
Martes 19 de abril – Gaita (Escola) 
Mércores 20 de abril – Acordeón e Corda (Escola)
Venres 22 de abril – Percusión (Escola)
 
O 30 de abril, en conmemoración do Día Internacional da Danza, a sección de danza e ballet da EMMeD de Ribadeo ofrecerá unha audición, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. 
 
Así mesmo, grupos de danza moderna e ballet clásico, e alumnado de percusión participarán os días 28 e 29 de abril en sendas celebracións do Día da Danza en Xove e Lugo, respectivamente, convidados por centros educativos desas localidades.
 
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”. 
 
García lembrou que “as audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. Proba delo é que durante o mes de maio haberá outra serie de audicións co resto de especialidades que se imparten no centro”.