Circo, teatro e música en directo... é o espectáculo que Pistacatro ofrecerá no Auditorio de Burela esta sábado, 28 de novembro.

Circo, teatro e música en directo... é o espectáculo que Pistacatro ofrecerá no Auditorio de Burela esta sábado, 28 de novembro.
 
A compañía Pistacatro actuará no Auditorio de Burela o vindeiro 28 de novembro co seu espectáculo Desperta!. A cita, organizada pola Concellería de Cultura, é as 20:30 horas e nela ofrécese un espectáculo no que se integran o circo, o teatro e a música en directo para unha tarde chea de humor e fantasía. É apta para todos os públicos e a entrada anticipada custa 5 euros, 7 euros na billeteira o día da función. Os interesados poden mercar os seus tíckets na Biblioteca Municipal e no Cinebank Burela
“Desperta! é unha peza que afonda da identidade individual, no que nos iguala e diferenza, no que sucede na intimidade dun baño cando ninguén mira, unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderíamos ser calquera de nós”, sinalan desde Pistacatro. 
Na obra participan catro artistas multidisciplinares formados en diferentes escolas de circo e xa con moitos anos de profesión no mundo da escena.O espectáculo está dirixido por Natalia Outeiro e Antón Coucheiro e leva música orixinal de Fran Pérez, Narf.