O CIM e a Concellaría de Igualdade de Ribadeo organizan unha xornada de descanso termal. Será o 8 de novembro a un spa na Coruña.

O CIM e a Concellaría de Igualdade de Ribadeo organizan unha xornada de descanso termal. Será o 8 de novembro a un spa na Coruña.
 
Volven os Foros Permanentes para as Mulleres, na súa novena edición cunha xornada de descanso termal a un spa na Coruña. Será o 8 de novembro. A inscrición está aberta no CIM. As prazas son limitadas. 
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lembra que “nove anos son que levamos nesta andaina dos Foros dende o Centro de información á Muller do Concello de Ribadeo. Nove edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio  para elas”. 
A edil nacionalista sinalou que “os horarios no caso das mulleres son xornadas sen descanso, por mor da discriminación sufrida  historicamente e na actualidade como consecuencia da asinación dun papel vinculado ao ámbito do fogar e dos coidados. E as mulleres que traballan fora da casa (traballo remunerado) aínda se ven sometidas a esa dupla xornada, a laboral e ao do fogar. Recentes estudos amosan a asimetría de horas por parte dos homes dedicadas ao fogar e aos coidados. A corresponsabilidade sigue a ser unha tarefa pendente para avanzar cara a igualdade real.  Por iso, os Foros seguen centrándose en impulsar  medidas de acción positiva cara ás mulleres”.
O descanso termal proposta desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade terá lugar o 8 de novembro (domingo) ao Spa da Casa da Auga, na Coruña.
A viaxe ao spa é gratuíta nun autobús subvencionado polo Concello de Ribadeo con saída ás14:00 horas de diante da Oficina de Información Turística. O acceso a o spa correrá a cargo das usuarias que deberán pagar o mesmo día unha cota de entrada de 20 euros. 
Para participar nesta viaxe ao Spa da Casa da Auga, na Coruña do día 8 de novembro as mulleres interesadas en participar poden inscribirse nas Oficinas do CIM sitas Rúa Bos Aires, s/n  (Auditorio) de Ribadeo ou chamando ao número de teléfono 982 120 739. O grupo mínimo para facer a actividade é de 45 persoas e o máximo de 55. As prazas son limitadas.