Ribadeo contará cun tren turístico-cultural ata o 30 de setembro, que percorrerá as zonas máis emblemáticas da vila.

Ribadeo contará cun tren turístico-cultural ata o 30 de setembro, que percorrerá as zonas máis emblemáticas da vila.
 
Ata o 30 de setembro todos os días da semana Ribadeo contará co servizo de tren turístico-cultural, que funcionará desde as dez da mañá ata as nove da noite. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Ana Martínez, e pola responsable do servizo, Vega García. 
O rexedor dixo que “aproveitando todo este tirón turístico que está a ter Ribadeo, no seu conxunto nestes últimos anos, Ribadeo polo cultural, Ribadeo polas praias, Ribadeo polo casco histórico, Ribadeo polos servizos, pola gastronomía… como dicimos na nosa campaña Ribadeoxquesí, queremos presentar outra nova iniciativa. Neste caso trátase dun tren turístico-cultural, como é a empresa que o vai rexir durante este verán de 2015. Funcionará no ámbito urbano pensando en que será un servizo moi demandado entre os miles de persoas que chegan ano tras ano a Ribadeo e os veciños e as veciñas de Ribadeo vano ver desde esta tarde indo polas principais rúas da vila, vendo os edificios históricos, os lugares emblemáticos e todas aquelas reseñas históricas, turísticas e culturais que ten o noso concello”. 
Suárez Barcia explicou que “o tren turístico-cultural é unha iniciativa dunha empresa especializada  en rutas de turismo náutico na ría de Ribadeo e agora, a parte do que xa leva, imos probar con esta iniciativa de tren turístico, que esperemos que teña moitos visitantes, e tamén os veciños e veciñas de Ribadeo cos máis pequenos aproveitarán para dar unha voltiña neste tren turístico, que ten unha locomotora e dous vagóns”. 
Vega García, a responsable do servizo, contou que “la idea surgió porque tenemos un barco turístico y vemos que hay mucha demanda de actividades. Es para todos los públicos. Hacemos un recorrido que pasa por muchas zonas emblemáticas de Ribadeo: casco urbano, casco antiguo, zona portuaria hasta la isla Pancha y la zona comercial”. 
A duración aproximada do traxecto será de 40 minutos. Os prezos para nen@s a partir de 12 de anos e adultos será de 5 euros; @s nen@s de 3 a 12 anos pagarán 4 anos e os menores de 3 anos viaxarán no tren turístico de xeito gratuíto. O horario de funcionamento será de 10 da mañá a 21 horas todos os días ata o 30 de setembro. A saída estará situada fronte á Oficina de Turismo de Ribadeo.