A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez, tamén deu a coñecer que “o domingo, 26 de abril, vamos ter á compañía Trípode, composta por Alberto Niñe, Pepe Peinó e Cachín, co espectáculo Apedreando. Será ás oito e media da tarde no salón de actos cun prezo de 2 euros a entrada. Sabemos que as representacións teatrais teñen moito éxito aquí, en Lourenzá, polo que convidamos a todos os nosos veciños a asistir a esta que organizamos para despedir o mes de abril”.