O Concello de Ribadeo, a través da Omix, organiza diversas actividades para @s pícar@s durante a Semana Santa.

O Concello de Ribadeo, a través da Omix, organiza diversas actividades para @s pícar@s durante a Semana Santa.
 
O luns, 30 de marzo, de 11 a 13:30 horas no Cantón haberá deportes: 3x3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17:30 horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado Xente miuda, moita fartura. 
O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que “se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día”. 
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 88