O Concello de Viveiro ofrecerá en maio un curso gratuíto de iniciación á música para adultos

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio de Música, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982.560.486.