
O Concello de Viveiro presentou a súa programación completa para o Entroido 2025, que comezará o 1 de marzo co tradicional certame de Alpuxarradas. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, sendo necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 982.56.01.62. As entradas para asistir ao evento, cun custe de 2 euros, poden ser reservadas dende o día 25 ata o 28 de febreiro chamando ao mesmo número ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.
Nos días seguintes haberá diversas actividades, destacando o martes 4 de marzo co desfile de Entroido e o concurso de disfraces. O prazo de inscrición para o desfile está aberto ata o 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, convida a toda a veciñanza a “asistir, un ano máis, ás celebracións do noso Antroido, unhas datas moi especiais para Viveiro que estarán cheas de actividades e diversión”.