Beatriz Pin e Antón Cando presentarán o seu libro “Entre nós e o Eo” este venres, 7 de febreiro, en Ribadeo

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 7 de febreiro, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro titulado Entre nós e o Eo, de Beatriz Pin e Antón Cando.

Neste acto tamén intervirá María Cando, para falar da toponimia da zona.