Aspanane e Fademga organizan no Hospital da Mariña, en Burela, unha xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental. Será o 7 de febreiro

A asociación Aspanane e Fademga Plena inclusión Galicia, organizan a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidan a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa. 

O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.

Entre as ponencias cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade intelectual, os retos asociados a atención do colectivo ou aspectos clave para a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual entre outras. 

Aquelas persoas interesadas en participar, poden achegar a súa inscrición a través deste formulario. (Prazo aberto ata o 31 de xaneiro). A inscrición é gratuíta ata completar aforo.

Consulta aquí o programa completo