O auditorio de Burela acolle un festival coral de panxoliñas este sábado, 14 de decembro

O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá un festival coral de panxoliñas este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas.

Está organizado pola Coral Polifónica de Burela, que anuncia: “chegou unha das nosas citas favoritas do ano, o noso concerto de panxoliñas de Nadal. Nesta ocasión recibiremos ás corais polifónicas das Pontes e de Cariño, ás que por seguro nos farán disfrutar desta xornada. Ademais, e porque a ocasión ben o merece e sobre todo tendo en conta as datas que se aproximan, faremos un sorteo ao remate do concerto: un lote composto por un xamón, acompañado de queixo, aceite de oliva virxe extra, chourizo e salchichón; un Bo petisco para disfrutar nas festas. As rifas xa están á venta, a 2 euros a tira, aínda que tamén poderedes mercalas á entrada do concerto, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela”.