Carlos Blanco e Touriñán presentan o seu novo espectáculo en Burela este sábado, 30 de novembro

O Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.

As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.