O Mercado de Nadal de Burela, que se celebrará este sábado, 30 de novembro, terá 35 postos

O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.