Vilela, en Ribadeo, acolle unha representación teatral este domingo, 27 de outubro

A localidade de Vilela, no concello de Ribadeo, acollerá unha representación teatral este domingo, día 27 de outubro. Será na Escola da Pena ás 18:00 horas.

A Compañía Solitaria do Doutor Monifate ofrecerá a obra titulada “Badman, un home malo”. É un monólogo de 50 minutos de duración para maiores de 16 anos.