O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Ávila e Toledo para os días 9 e 10 de novembro, sábado e domingo.
O sábado sairán desde a gasolineira e almorzarán en Vega de Valcarcel, farán unha visita guiada a Ávila e comerán nun restaurante desa cidade, par as 19:30 horas está prevista a chegada ao hotel, de 4 estrelas en Toledo, onde cearán ás 21:00 horas.
E o domingo almorzarán no hotel, a continuación terán unha visita guiada en Toledo, ás 14 horas comerán no hotel e ás 17:50 sairán cara a Riotorto e cearán ás 22 horas en Vega de Valcarcel.
O prezo é de 150 euros por persoa. Hai 50 praza e terán preferencia os usuarios dos centros veciñais.
Aquelas persoas que desexen acudir á viaxe deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello de Riotorto antes do día 28 de outubro.