Burela acolle o 15 de outubro un curso de alimentación na infancia

O día 15 de outubro, martes, desenvolverase un curso gratuíto de Alimentación na Infancia no salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela. Será impartido por Noelia Goás Gómez de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición realizarase na Casa do Concello de Burela ou a través do número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.

Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.