A parroquia de Vilaframil xa ten todo listo para as súas tradicionais festas na honra San Lorenzo. Do 9 ao 11 de agosto poderase desfrutar dunha programación repleta de actividades e música.
O venres, 9 de agosto, a celebración dará comezo cunha churrascada popular ás 21:00 horas. Os tíckets estarán á venda no restaurante El Huerto e no Bar Taller de Ribadeo ata o 5 de agosto. O prezo é de 25 euros e 15 euros para os nenos e nenas de 5 a 12 anos. A continuación, verbena co Grupo Galia e dj Litainer.
O sábado, 10 de agosto, ás 13:00 horas, misa solemne e procesión seguida dunha amena sesión vermú a cargo da orquestra Tokio. Pola noite, verbena coas actuacións da orquestra Tokio e o Grupo Beatriz.
O domingo, 11 de agosto, misa e procesión ás 13:00 horas. A celebración rematará cunha sesión vermú a cargo do trío Maracaibo.
Para reservas ou máis información os teléfonos 639016271 e 677288998 estarán a disposición dos interesados.