O Concello de Burela organiza un campamento dixital do 19 de agosto ao 6 de setembro

O Concello de Burela organiza, en colaboración coa fundación Cibervoluntarios, un Campamento Dixital que se levará a cabo na Aula Cemit. A iniciativa enmárcase no o programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), e se desenvolverá entre o 19 de agosto e o 6 de setembro.

Haberá dous grupos: un para nenas e nenos entre 9 e 13 anos e outro para rapazada de 14 a 17 anos. En ambos casos terá unha duración de 30 horas totalmente de balde. No campamento aprenderase a empregar internet de xeito útil, creativo, seguro e responsable.

As inscricións poderán ser presenciais, na Casa do Concello, ou telemáticas, a través do número 982.58.60.00 ou o correo educadorafamiliar@burela.org. Será necesario indicar o nome e apelidos da persoa interesada, a súa data de nacemento e contacto do titor ou titora legal.