A deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este luns na presentación e visita ao recinto do Resurrection Fest de Viveiro, que arrancará este mércores grazas aos150.000€ que achega a institución provincial. Este evento, co que a Deputación de Lugo colabora desde os seus inicios, reunirá ata o sábado as mellores bandas do panorama internacional de hardcore, metal e punk na cidade do Landro.
“Recoñecemos a importanciadeste festival non só como un evento cultural, senón tamén como un motor económico que dinamiza a nosa comarca, atraendo a milleiros de persoas de todas as partes do mundo”, apuntou Carmela López. Engadiu que “este fluxo de visitantes non só enriquece culturalmente a nosa terra, senón que tamén impulsa o sector servizos, xerando emprego e riqueza para moitos veciños e veciñas”.
Enmarcou a importante colaboración da institución provincial como “un reflexo do noso compromiso co desenvolvemento cultural e económico da nosa provincia”, porque “sabemos que cada euro investido en cultura é un euro que retorna ao noso territorio” e explicou que esta cita “concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos”. Deu os parabéns aos organizadores e sinalou estar segura de que esta nova edición “será todo un éxito, superando as expectativas dos anos anteriores”.
Segundo comentaron os organizadores durante a presentación, esta ediciónserá a que reúna máis artistas internacionais;haberá público procedente de 43 países; e xa conta con 1.500 persoas apuntadas para casarse durante o festival, que organizará vodas por segundo ano consecutivo. No acto tamén participaron Iván Méndez e David Méndez, director do festival e membro da organización, respectivamente, así como representantes doutras institucións e entidades colaboradoras.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe xunto o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na presentación da nova edición do Resurrection Fest, que un ano máis volve contar co apoio do Goberno autonómico no marco do traballo de Turismo de Galicia por impulsar os grandes concertos e festivais que sexan que de converter o turismo nun efecto tractor da economía local e consolidar a marca Galicia e Xacobeo de xeito internacional.
O director de Turismo salientou a consolidación deste festival nos seus 18 anos de vida que “que foi quen de poñer no mapa internacional a Mariña lucense a través dun traballo constante e coordinado cun festival que cada ano se reforza como atractivo turístico”, indicou. Neste sentido, salientou o importante papel que a Mariña lucense está a ter no turismo galego, ao converterse o ano pasado entre os cinco destinos nos que máis medrou a demanda, un 11% neste caso.
Xosé Merelles salientou a importancia de que eventos como o Resurrection Fest estean a conseguir que o modelo turístico galego siga avanzando na diversificación, con oferta atractiva en distintos destinos, e que tamén demostre a capacidade da Comunidade galega para ser sede de grandes espectáculos. Como explicou, este tipo de eventos, relacionados con grandes concertos e festivais, ocupan un lugar destacado na xestión turística da Xunta, como demostra o apoio que Turismo de Galicia vén dando a estes festivais nos últimos anos. Salientou, tamén que a Xunta seguirá a ter en conta este modelo na Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030 na que o Goberno galego está a traballar.
O programa
O mércores 26 de xuño arranca o ResurrectionFest coas bandas Alice Cooper, Machine Head, ou KerryKing, entre outras. O xoves 27de xuño será a quenda de grupos como Bring me TheH Orizon, Bruce Dickinson, ou Delain. O venres 28 de xuño, os asistentes poderán escoitar a The Offstring, Corey Taylor ou Sôber, entre outros. O sábado 29 será o momento de bandas como Avenged Sevenfold, Megadeth ou Electric Callboy.