O Concello de Viveiro oferta nos meses de xullo e agosto unha ampla variedade de actividades na piscina municipal dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas.
Dunha banda,ofrécense cursos intensivos de iniciación á natación para nenos e nenas nados entre os anos 2015 e 2019. As sesión serán os luns, mércores e venres, ás 10.30 horas para a rapazada nada nos anos 2015, 2016 e 2017; e ás 11.30 horas para aqueles nados nos anos 2018 e 2019.
Os cursos desenvolveranse do 8 ao 24 de xullo e do 29 de xullo ao 14 de agosto. O prezo será de 10 euros para persoas aboadas á piscina e de 20 euros para non aboadas.
Doutra banda o Concello de Viveiro propón unha ampla oferta de actividades acuáticas para adultos este verán. Do 8 ao 24 de xullo, ofértanse natación de iniciación (martes e xoves ás 19.30 horas), TRX (martes e xoves ás 21.15 horas) e ciclo indoor (martes e xoves ás 20.15 horas). Entre o 29 de xullo e o 14 de agosto tamén se ofertan adestramento funcional (luns e mércores ás 21.15 horas ou martes e xoves ás 12.00 horas), intervalos (luns e mércores ás 20.15 horas), natación medio (luns e mércores ás 19.30 horas), natación iniciación (martes e xoves ás 10.00 horas), ximnasia na auga (martes e xoves ás 11.00 horas), TRX (martes e xoves ás 19.30 horas) e pilates (martes e xoves ás 20.30 horas).
No caso de que as solicitudes superen ás dispoñibles estas sortearanse. A reserva de praza así como a solicitude de máis información pódese realizar no teléfono 982.57.06.10.