A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta “Foces del Río Infierno y de los Moñacos”, en Piloña (Asturias), para o 15 de xuño, sábado. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nunha área recreativa, para o que cada un levará a súa comida.
As prazas están limitadas ás 28 do microbús, xa que a orografía da estrada non permite viaxar en autocar grande.
A saída será ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 12 de xuño, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.