O XXXI Festival Folclórico Infantil de O Arco da Vella celébrase en San Miguel de Reinante o 29 de xuño

A trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.

Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.