Do 31 de xaneiro ao 8 de febreiro terán lugar os obradoiros formativos sobre o programa de axudas do GALP A Mariña Ortegal en Viveiro, Cedeira, Ortigueira e Ribadeo

A finais do mes de xaneiro prevese a publicación da nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal. Para mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos vanse a desenvolver catro obradoiros de formación, de carácter aberto.
 
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha uns obradoiros formativos sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
 
Estes espazos pretenden dar as claves para a elaboración dun bo proxecto, proporcionando información sobre a estratexia do GALP e o procedemento administrativo de concesión de axudas. Diríxense ao tecido empresarial do territorio, con especial fincapé nas entidades do sector pesqueiro, e tamén a concellos, asociacións ou outros colectivos e persoas interesadas da zona pesqueira.
 
Os obradoiros vanse a desenvolver nos seguintes días e localizacións:
1. Viveiro. Confraría de Celeiro. Mércores 31 de xaneiro de 2024. 10 a 13 horas.
2. Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 1 de febreiro de 2024. 10 a 13 horas.
3. Ortigueira. Centro de Participación Cidadán “Hospital de San Roque”. Mércores 7 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
4. Ribadeo. Casa do Viejo Pancho. Xoves 8 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
 
O programa de traballo centrarase en abordar os seguintes contidos:
1. A estratexia do GALP e o proceso de valoración e selección dos proxectos.
2. O procedemento administrativo de concesión de axudas: operacións financiables, requisitos, documentación necesaria, fases do procedemento,...
3. Aspectos prácticos na cobertura da memoria do proxecto e o plan económico.
 
O obradoiros terán unha visión práctica para que os potenciais promotores teñan as ferramentas necesarias para que os seus proxectos acaden financiamento do FEMPA.