Do 24 ao 30 de maio estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Verán que organiza o Concello de Ribadeo. Trátase das modalidades de pesca deportiva, surf, skate e surf skate, piragüismo e vela.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “as inscricións teñen que facerse de xeito presencial na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e o martes e xoves tamén de 16 a 18 horas”. O 31 de maio será o sorteo naquelas modalidades nas que se rexistren máis solicitudes que prazas ofertadas. O custe será de 40 euros.
O edil ribadense indicou que “as escolas deportivas de verán están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2008 e 2015. Agardamos que as aproveiten e que disfruten dun bo verano en Ribadeo practicando deporte”.
En pesca deportiva ofértanse 20 prazas; en surf 18 prazas; en skate e surf skate tamén 18 prazas; en piragüismo 35 prazas; e en vela 30 prazas.