A agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, está a preparar unha charla coloquio sobre os medios de comunicación públicos galegos “e a súa necesaria neutralidade e profesionalidade. Convidamos ao Comité Intercentros da CRTVG para poder realizar tal charla coloquio e acordaron enviar uns representantes do mesmo para informarnos da situación das radio e televisión públicas galegas”, explican desde a organización.
O acto vaise realizar o vindeiro 5 de maio, na Casa do Viejo Pancho, ás 20:30 horas.
Con Francisco Lanza colabora o Concello de Ribadeo.