A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, realizará unha ruta o vindeiro 9 de xullo polo Monumento Natural Foces del Pino, un estreito desfiladeiro situado en Felechosa, un pobo do Concello asturiano de Aller . A ruta terá unha duración de 8 quilómetros cunha dificultade baixa.
O prezo para asistir será 25€ para socios e 30€ para non socios. Inclúese comida, seguro e autobús, que sairá as 7:30 da mañá dende a Estación de Autobuses de Burela.
As inscricións débense facer antes do 7 de xullo en Gráficas Arfe ou nos teléfonos 982 580 504 ou 657 821 194.