A comisión de festas do Naseiro, en Viveiro, organiza unha cea baile o 23 de abril.

A comisión de festas do Naseiro organiza unha cea baile o vindeiro 23 de abril ás dez da noite no Campo do Naseiro. 

O menú estará composto por empanada, sopa de peixe, codillo asado, tarta xeada e café.

O prezo é de 25 euros. O tíckets para asistir poden reservarse ata o día 20 aos membros da comisión nos seguintes teléfonos: 669 30 22 11 – 693 62 38 81 – 686 80 77 80 – 678 26 09 00

A cea estará amenizada por Trío Tapyoka e DJ Tapy García. 

O evento está organizado pola comisión de festas do Naseiro, que conta coa colaboración de Seiramar Espectáculos Musicales e Concello de Viveiro.