
O Centro Comercial Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, organiza do 25 ó 27 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela a VIII Feira de Stocks.
Serán un total de 14 stands dedicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bisutería, mobles e decoración.
Os comercios participantes na feira son: Iglesias Muebles, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Fontana, Cocolatte, Albo Zapaterías, Oscar Joyeros, kerale Moda, Oxígeno Surf, Mimimó, Van Surf e Van Surf Sneakers.
Unha ampla variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
Este ano debido á situación COVID, establecerase un protocolo de seguridade creando un recorrido unidireccional, cunha única entrada claramente sinalizada, uso obrigatorio de xel hidroalcohólico á entrada, mascarilla durante todo o tempo que se permaneza na Feira, e control de aforo nos postos.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 21:30 h durante os tres días.