Legumes e peixes da Mariña están presentes na plataforma de venda en liña de produtos agroalimentarios Son de Lugo.

A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora na posta en marcha da plataforma de venda en liña de produtos agroalimentarios “Son de Lugo”, a primeira que aglutina pequenos produtores das distintas comarcas da provincia d de Lugo.
 
A web, accesible desde hoxe para a venda, presentou esta maña nos Xardís do Pazo de San Marcos, no que participaron a deputada Mónica Freire e representantes das trece firmas que se sumaron á iniciativa nesta primeira fase.
 
Mónica Freire agradeceu aos produtores e produtoras “o seu compromiso e dispoñibilidade para emprender este proxecto en común que xurdiu durante a pandemia polas propias necesidades as asociacións agrogandeiras  formularon á área de Medio Rural”
 
“A pandemia da Covid puxo en evidencia as grandes debilidades do sistema e veu amosar a urxencia de reformular a política agraria seguindo estas orientacións. Como noutros sectores, a saída dos produtos agroalimentarios viuse maioritariamente minguada, co consecuente afundimento dos prezos pola falla de demanda por parte da hostalaría e a restauración, a través da canle horeca. Fíxose urxente e imprescindible a creación da plataforma de comercio electrónico “Son de Lugo” de apoio aos pequenos produtores que deste xeito poden ofrecer os seus produtos agroalimentarios de calidade diferenciada e contrastada, directamente ao consumidor final con todas as garantías sanitarias”, explicou a deputada nacionalista.
 
A web ofrece unha selección de produtos das distintas comarcas: queixos das denominacións de orixe Arzúa-Ulloa de Arqueixal, en Palas de Rei, e San Simón da Costa, da firma vilalbesa Don Gabino; viño da denominacóin de orixe Ribeira Sacra, da adega  Proencia de  Proendos, en Sober; legumes e fabas de indicación xeográfico protexida de Lourenzá da cooperativa Terras dá Mariña; carne de Tenreira Galega Suprema da cooperativa A Carqueixa dos Ancares, carne de porco celta e poldro de cabalo de Pura Raza Galega de Céltico, un produtor de Muras; botelos, androllas e outros embutidos da Montaña de Lugo elaboradas por Embutidos Suarna; pescada de Celeiro capturada con artes respectuosas co ecositema mariña de Novomar e outros froitos do Cantábrico, con especial atención ao comezo da costeira do bonito de O Almacén do Peixa, marca comercializadora de Peixes Orol de Burela.  
 
O catálogo de Son de Lugo complétano Milhulloa, que desde Palas de Rei produce en ecolóxico  grelos  deshidratados, herbas para infusións, especias e  oleatos, e Muuholla, a marca de cosmética resultante da asociación das palenses  Milhulloa e da monterrosina Granxa  Maruxa, unha explotación familiar de lácteos ecolóxicos.