O Concello de Muras organiza un curso básico de informática para maiores de 55 anos empadroados no municipio.
Impartirase dous días á semana pola mañá e unha vez formados os grupos decidirase a hora e o lugar. É para grupos reducidos, de 2 persoas, cumprindo todas as medidas de seguridade.
Os participantes recibirán formación en trámites informáticos básicos, como a petición de citas previas ou funcionamento da sede electrónica do Concello.
Os interesados poden inscribirse a través do teléfono do Concello (982.50.00.01) ou do correo electrónico cristina.martinez@muras.gal.