O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, programa varias actuacións teatrais con comedias, representacións infantís, monólogos e comedias musicais para os meses de febreiro, marzo e abril.
Este sábado, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, La Quintana Teatro porá en escena a comedia O Premio. Tamén este mes o sábado 27 ás 18:00 horas Ghazafelhos Teatro presentará a obra infantil Pinocchio.
No mes de marzo: o sábado 6 ás 19:00 horas, Teatro Noroeste representará Da avaricia, a luxuria e a morte; e o sábado 13 ás 19:00 horas, Isabel Risco presentará a comedia para todos os públicos Bravas.
No mes de abril: o sábado 10 ás 18:00 horas Teatro Avento porá en escena a comedia musical Ummm!!!; o sábado 17 ás 19:00 horas Contraproduccións representará a comedia A compañeira de piso; e o sábado 24 ás 18:00 horas Pedras de Cartón presentará a obra con teatro xestual para o público infantil Lázaro de Tormes.
Esta programación pode estar suxeita a cambios seguindo as directrices sanitarias en relación coa crise da Covid19. Para acudir ás representacións deberá seguirse o protocolo da pandemia como o uso de máscara, a distancia de seguridade, o uso do xel hidroalcohólico e o límite de aforo con asignación de butaca e agrupamentos familiares.
A reserva de entradas pode facerse, de luns a venres, no teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es.
Estes eventos están organizados pola Concellería de Cultura de Viveiro co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Rede Galega de Teatros e Auditorios e AGADIC.