A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta de O Cádavo a Castroverde o vindeiro domingo, 27 de outubro.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas poden anotarse ata o xoves 24 ás 14:00 horas en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504.
O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o seguro e a comida nunha caseta da feira de Castroverde.
A organización informa que a ruta de 8 quilómetros ten un nivel de dificultade baixo.