Fraga das Saímas abre o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro de masaxe relaxante e na maratón de tute de igualdade, que terán lugar os días 6 e 7 de marzo.

Fraga das Saímas abre o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro de masaxe relaxante e na maratón de tute de igualdade, que terán lugar os días 6 e 7 de marzo.
 
O colectivo Fraga das Saímas, a través da súa Directiva, está a organizar diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, sendo unha delas a impartición, da man da quiromasaxista e terapeuta holística Isabel Giráldez, dun obradoiro de masaxe relaxante de espalda dirixido  a todas as nosas socias, veciñas e amigos. 
Os obxectivos do obradoiro pasan por “introducir ás persoas interesadas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe, proporcionar unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional mediante diferentes técnicas de masaxe, coñecer e experimentar os rudimentos básicos da masaxe de relaxación, valorar o contacto corporal como medio para a relaxación e aplicar a masaxe en situacións de estrés como medio”.
No obradoiro abordaranse cuestión coma a descripción da masaxe corporal, indicacións, contraindicacións, ximnasia manual preparatoria e práctica de masaxe relaxante de espalda. 
Desde Fraga das Saímas sinalan que “as persoas interesadas en descubrir como relaxarse,  logo dun día ou situación estresante, poden acudir a este obradoiro sós ou en parella”.
De xeito pararelo e dentro das actividades a organizar polo colectivo feminino de San Andrés para conmemorar o Día Internacional da Muller está tamén a Maratón de Tute pola Igualdade que se celebrará a tarde do sábado 7 de marzo de 2015, e cuxo prazo de inscrición ven de abrir a directiva da Fraga das Saímas. Esta maratón xogarase entre equipos compostos cada un por 2 persoas e  as parellas que queiran participar deben apuntarse antes do 5  de  marzo. A competición disputarase por sistema de liguilla entre todas as parellas inscritas, a 3 partidas de 8 xogos cada unha e os dous equipos que consigan as mellores  puntuacións xogarán a final (1partida) e os que consigan a terceira e cuarta mellor puntuación competirán polo terceiro posto.
Esta competición está dotada con tres premios en metálico de 50 € (1º premio), 30 € (2º premio) e 20 € (3º premio), xunto cun trofeo para cada un dos equipos gañadores
As persoas que queiran apuntarse poden chamar ao teléfono 669250948 ou enviar un correo electrónico a fragadassaimas@gmail.com